Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Forte impulso á investigación do galego no Ramón Piñeiro

Cultura aumenta nun 25% a dotación dos convenios coas tres universidades para a promoción do estudo da lingua galega

    Co obxectivo de impulsar as actividades de investigación da historia da lingua e a literatura galega a través da labor que realiza o Centro Ramón Piñeiro en colaboración coas universidades galegas, a Consellería de Cultura, destinará máis de 287.000 euros.

    Unha cifra que supón incrementar nun 25% a dotación económica total destinada a estes acordos respecto da contía total que se dirixiu aos mesmo no trienio 2013-2015. Próximamente asinaránse os convenio coas universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, ao abeiro dos cais se desenvolverá un completo programa de actividades destinadas a afondar no estudo filolóxico e conservación das fontes lingüísticas, literarias e antropolóxicas co obxectivo de dotar o noso sistema lingüístico das ferramentas necesarias para a súa aplicación por parte de entidades de distinta natureza, así como para seguir afondando no seu prestixio e dotación de fondos que contribúan ao seu amplo coñecemento.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    17 feb 2016 / 20:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito