Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 20.04.2014  | Actualizado 00.00 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

{ ENSAIO }

Francisco Calo Lourido achéganos un rigoroso estudo da esencia celta

Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia, Francisco Calo Lourido, Edicións Xerais, 2010, 368 páxs. 24 €

JOSÉ MANUEL ESTÉVEZ-SAÁ  | 22.01.2011 
A- A+

A HISTORIA do pobo celta, os seus restos e a súa influencia na Península e, sobre todo, en Galicia constitúe un campo de estudo tan amplo e, ás veces, tan discutido, que cando un decide introducirse no tema vese desbordado polo número de estudos sociolóxicos, lingüísticos, arqueolóxicos, antropolóxicos, históricos e culturais que o mercado ofrece. Hai uns meses foi publicado en galego e por Edicións Xerais de Galicia un novo volume titulado Os Celtas. Unha (re)visión dende Galicia, da man do profesor Francisco Calo Lourido (Porto do Son, 1948). Este experto en xeografía e historia, que se manexa con sorprendente mestría no ámbito da antropoloxía e da arqueoloxía, quizá consciente da dificultade de abarcar o tema desde un punto de vista global á vez que conciso, conseguiu elaborar un ensaio que aglutina, de maneira maxistral, os distintos enfoques desde os que estudar o fenómeno céltico. A través dunha linguaxe sinxela, non exento dunha evidente erudición e unha máis que constatable rigorosidade académica, Francisco Calo Lourido proponnos unha viaxe a través do tempo, desde aquelas primeiras tribus indoeuropeas até o momento máis actual. As primeiras teorías científicas sobre a orixe dos celtas, a súa chegada á Península, as fontes clásicas a través das cales estudar o celtismo en Galicia, o seu sentido social e relixioso, a preeminencia da lingua, a rica etnografía que xeraron, a idea de nación que subxace á irmandade establecida entre Irlanda, Bretaña e Galicia, así como os restos artísticos relacionados coa escultura, a ourivería, a cerámica ou a decoración arquitectónica, etc., todo ten o seu espazo de reflexión neste libro que, desde o día da súa publicación, converteuse nun volume de consulta obrigada. Todo un acerto.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS