Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 25.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

O lanzador Vega despega do Porto Espacial Europeo co primeiro picosatélite galego

13.02.2012  XaTcobeo sitúa a Vigo en primeira liña das universidades europeas e permite abrir portas ao tecido industrial galego

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID/VIGO. EP

O lanzador europeo Vega despegou este luns do Porto Espacial Europeo en Kourou, na Guayana Francesa, sobre as 11.00 horas (hora española) tal e como estaba previsto, co primeiro picosatélite galego XaTcobeo.

A axencia informou que o lanzamento se produciu "segundo o previsto" sen ningún tipo de complicación. Así, aos 30 segundos do despegue, Vega rompeu a barreira do son (a unha altitude de 4,7 quilómetros). Durante a súa viaxe ao espazo o foguete chegou a alcanzar os 3,8 quilómetros por segundo e cumpriu as etapas de apagado e separación, arranque de motor e separación da carena que protexe os satélites, durante o seu ascenso.

Tras a súa saída ao espazo, o foguete iniciou a súa cuarta etapa, na que alcanzou a súa órbita de destino, a 1.447 quilómetros sobre a superficie da Terra.

Vega é o lanzador máis pequeno da axencia espacial, tras o Arianne 5 e o Soyuz, e foi deseñado para lanzar misións e cargas útiles moi diversas, de forma que poida responder a diferentes oportunidades de mercado e proporcionar gran flexibilidade. Mide 30 metros de alto e peso 137 toneladas no despegue e é compatible con cargas útiles que van dende 300 aos 2.500 quilogramos, en función do tipo e a altitude da órbita requirida polo cliente.

SETE EMPRESAS ESPAÑOLAS PARTICIPAN NO PROXECTO

En canto á participación española, a ESA destacou que son sete empresas do país --Crisa, EADS Casa Espazo, GMV, GTD, INDRA, RYMSA e SENER-- as que participaron no programa do novo lanzador. Segundo explicou o xefe do departamento de Industria da Ciencia e o Espazo do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), Jorge Lomba, a achega de España sitúaa como "o terceiro país con maior participación" neste proxecto. Ademais, indicou que Vega supuxo para a industria española contratos de 37 millóns de euros neste proxecto, un 6 por cento do total.

A participación española vai dende a etapa de integración dos módulos que forman o foguete, ata o software e hardware que permite a comunicación de Vega co control en terra, así como o deseño e validación dos sistemas de localización, trayectografía, seguridade e emerxencia do foguete. España é tamén quen adaptou o sistema de control que, en caso de necesidade, xeran a orde de teledestrución do lanzador.

O director técnico de proespazo, Vicente Gómez Molinero, indicou que Veiga non a para no primeiro lanzamento, senón que xa foi requirido para novas misións. Así, España creou tamén para este proxecto un sistema de lanzamento dobre (VESPA) que permitirá lanzar dous satélites principais en cada voo, algo que non acontecerá aínda o próximo luns, 13 de febreiro.

Do mesmo modo, Vega porá en órbita o satélite Xatcobeo, un picosatélite (de pequeno tamaño) deseñado e construído por alumnos e profesores da Universidade de Vigo, en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeroespacial (INTA).

 

PICOSATÉLITE

O xefe do proxecto da Universidade de Vigo, Fernando Aguado, explicou que o proxecto de picosatélite se iniciou cun obxectivo educativo "que se cumpriu ao cen por cen". Así, os 60 estudantes e 32 doutores que participaron no proxecto Vega foron os primeiros universitarios españois en xestionar, deseñar, desenvolver, integrar e realizar probas e ensaios dun satélite.

En canto á misión do XaTcobeo, Aguado indicou que o satélite está dotado dun software de radio que se pode volver configurar en voo, dun sistema para comprobar como afectan as radiacións aos transistores, e dun novidoso mecanismo de despregamento de paneis solares.

Neste sentido, o xefe do proxecto indicou que "o satélite rozará a cara interna dos aneis de Van Allen (unha zona da magnetosfera terrestre onde se concentran as partículas cargadas) nunha etapa "de máxima actividade solar". "O satélite está preparado para iso", apuntou.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS