El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

'Galicia universal' recibe no Gaiás máis de sete mil visitantes en só un mes

A mostra sobre as coleccións de Abanca e Afundación estará ata o 14 de outubro

Visitantes da exposición Galicia universal no Gaiás - FOTO: X.
Visitantes da exposición Galicia universal no Gaiás - FOTO: X.

ECG. SANTIAGO  | 17.04.2018 
A- A+

A exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións Abanca e Afundación ten recibido 7.323 visitas transcorrido só un mes da súa inauguración, o pasado 16 de marzo, no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura de Galicia. Unha cifra á altura desta ambiciosa mostra, xa que repasa a historia da arte galega dos últimos 150 anos, a través dunha escolma de 192 obras, das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.

Este interese neste breve período de tempo está vinculado, sen dúbida, ao fito de que, por vez primeira, unha mesma exposición reúne obras de moitos dos artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos como son Jenaro Pérez Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Vieitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro ou Antía Moure, entre outros moitos ata un total de 119.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt