Jueves 25.09.2008
Hemeroteca web
|
RSS
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, vén de acordar cos representantes dos tradutores de Galicia, Xosé María Gómez Clemente e Patricia Buxán, a colaboración da Xunta de Galicia no Día Internacional da Tradución a través de diversos actos.
O Día Internacional da Tradución, que se celebra o 30 de setembro, centrarase nunha homenaxe póstuma á profesora de ruso e tradutora do galego ao ruso e á inversa, Alexandra Koss, falecida o pasado 22 de maio. A través do traballo de Koss, que se entregou nos derradeiros anos da súa vida a difundir a creación literaria galega e que exerceu a docencia na Universidade de Vigo, ponse de manifesto a capacidade da lingua galega para chegar a ámbitos lingüísticos moi distantes.
Asemade, realizarase un acto para promocionar a tradución da literatura galega ás grandes linguas da cultura contemporánea, actividade que supón un obxectivo importante para a Consellería de Cultura. Este ano, ademais, exprésase co apoio á aparición da Antoloxía da literatura galega en inglés, realizada por Jonathan Dunne e editado conxuntamente por Xerais e Galaxia.
Francisco López. Director xeral de Promoción
"Promocionar as traducións é un dos obxectivos da Consellería"
