El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

CIENCIA

Investigadores da UDC, premiados pola Sociedad Científica Informática

Ramón Doallo Biempica Y David Vilares Calvo - FOTO: ECG
Ramón Doallo Biempica Y David Vilares Calvo - FOTO: ECG

ECG   | 15.05.2018 
A- A+

A Sociedad Científica Informática de España vén de premiar, xunto coa Fundación BBVA, a dous investigadores da Universidade da Coruña. O catedrático da Facultade de Informática Ramón Doallo Biempica obtivo o Premio Nacional de Informática e o investigador David Vilares Calvo foi premiado na categoría de Novo Investigador Informático. Este xurado premiou a Doallo na modalidade Aritmel polas "súas sobresaíntes aportacións á arquitectura e tecnoloxía de computadores ao longo da súa traxectoria investigadora, así como pola súa intensa actividade de transferencia dos resultados ao sector empresarial e o seu recoñecido liderado científico". Pola súa banda, Vilares foi distinguido "polas súas destacadas contribucións á investigación en técnicas e algoritmos para o procesamento da linguaxe natural, con especial énfase na súa aplicación á análise de sentimentos en redes sociais". Os Premios Nacionais de Informática, que se conceden desde 2005 con periodicidade anual, constitúen os premios máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da Enxeñaría Informática.

DATOS

Talento A modalidade Aritmel deste premio está dirixida a aqueles investigadores, menores de 55 anos, que realizasen sobresaíntes aportacións científicas na área da Enxeñaría Informática. A modalidade de Novos Investigadores Informáticos está destinada a distinguir traballos de doutoramento innovadores e relevantes. Búscase recoñecer aqueles investigadores que contribúan ao relevo xeracional nesta disciplina.