El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Kätlin Kaldmaa, secretaria internacional do PEN Club

A escritora e poeta de Estonia traduxo ós máis grandes a súa lingua // Satisfación de González Tosar polo éxito do congreso

Luis González Tosar, esquerda, Jennifer Clement e Carles Torner 
 - FOTO:  P.I
Luis González Tosar, esquerda, Jennifer Clement e Carles Torner - FOTO: P.I

KARMELE VÁZQUEZ SANTIAGO   | 29.09.2016 
A- A+

Os asistentes e participantes da 82 edición do Congreso do Pen Internacional elixiron onte como nova secretaria internacional a Kätlin Kaldmaa, actualmente presidenta do PEN de Estonia e actualmente poeta, escritora, tradutora e crítica literaria.

Kaldmaa ten publicado catro coleccións de poesía, literatura infantil, unha novela e un traballo autobiográfico. Asemade, leva traducido ós grandes autores da literatura contemporánea á súa lingua, como Jeanette Winterson, Michael Ondaatje, Ali Smith ou Gabriel García Márquez, entre outros.

Así o anunciou onte o director executivo do PEN International, Carles Torner, quen engadiu que "esto pode ser significativo, por ser unha persoa que exerce de ponte a unha literatura dunha comunidade pequena -o estonio-. É canto menos curioso que se teña elixido en Ourense, onde o seu idioma se pode ver representado co idioma da nova secretaria".

O presidente do centro PEN Galicia, Luis González Tosar, explicou que "é unha honra para min e para todos os escritores galegos poder presentar hoxe aquí ó comité executivo do PEN Internacional, que recae en Ourense o 82 congreso da organización mundial".

Asimesmo, asegurou que "se está aproveitando moito o tempo, cunha participación extraordinaria que debate moitas e importantes cuestións".

Pola súa parte, a presidenta do PEN Internacional, Jennifer Clement, amosou e trasladou o "sentimento de todo o comité executivo da organización" por que a 82 edición do seu congreso mundial se esté celebrando en Ourense".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt