El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O Liceo de Ourense acollerá unha mostra solidaria

ECG   | 11.01.2018 
A- A+

CON MARÍA DO CEO O Liceo de Ourense inaugurará o día 20 a exposición colectiva de arte Unha viaxe solidaria e creativa á vida, na que máis de 40 artistas plásticos doan a súa obra para recaudar fondos para a ONG Terra de homes. Na inauguración actuarán de forma solidaria os artistas María do Ceo e os seus músicos, así como o cantautor Emilio Rúa. Os cadros venderanse a 150 euros.