Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 23.10.2014  | Actualizado 20.18 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Gala e Julio Llamazares, estrelas do LITVI no Gaiás

O LITVI 2011 ábrese á gastronomía e á fotografía e perde peso literario // O II Encontro de Literatura de Viaxes principia o martes 14 en Santiago

FRAN P. LORENZO. SANTIAGO  | 08.06.2011 
A- A+

Volve o LITVI a Santiago, unha segunda edición do Encontro de Literatura de Viaxes menos ambiciosa literariamente (vinte e tres foran os ponentes na edición anterior) pero que, a cambio, amplía as súas propostas a áreas como a fotografía e a gastronomía. Con dous autores sobranceiros, Antonio Gala, que ditará a ponencia inaugural o día 14 no Gaiás, e Julio Llamazares, o LITVI 2011 –que desta vez non inclúe autores en lingua galega na súa nómina de participantes–, presentouse onte na Fundación Torrente Ballester.

A Fundación Torrente Ballester será o lugar que acolla varias das actividades dun certame inscrito na programación cultural que conmemora o 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago. Así o lembraba onte a directora do LITVI 2011, Ana Trevisani, quen debullou diante da prensa –acompañada polo director xerente da Fundación GTB, Miguel Fernández Cid, e polo director xeral do Libro, Francisco López– as liñas temáticas deste congreso.

A primeira delas, un ciclo sobre as catedrais como fonte de inspiración no que participarán Julio Llamazares (cunha conferencia), José Luis Corral Lafuente e Toti Martínez de Lecea (nun diálogo e nun café cos leitores) e Carmen Becerra (cun relatorio sobre a catedral de Santiago na obra de Torrente). O presentador de televisión e xornalista José María Íñigo e o escritor e director de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Ramón Pernas, completan a aposta literaria do LITVI.

A Catedral de Santiago será ademais protagonista destacada dunha maratón fotográfica que baixo título Que ve a Catedral? quere colleitar imaxes e visións da propia catedral, "pornos en distintos ángulos dos muros da Catedral e seguir a súa hipotética mirada".

Entre as novidades desta segunda edición do LITVI –que conta co patrocinio do Consorcio, do Concello de Santiago, da Fundación Cidade da Cultura e da Consellería de Cultura e Turismo– figura ademais o festival Olladas viaxeiras, que comisaría o fotógrafo Xurxo Lobato. Trátase de proxeccións audiovisuais que chegarán ao público nas noites do venres 17 (coa serie O Camiño das Catedrais) e o sábado 18 de xuño, coa exhibición do conxunto As mellores fotos de viaxes do National Geographic. O segundo pase, os dous terán lugar na praza da Quintana, contará coa presenza da editora de National Geographic España, Eva van der Berg.

Na vontade de estender a proposta do LITVI a públicos e espazos diversos, convocarase, ao abeiro deste congreso, un Laboratorio de Creación Literaria, dedicado á literatura de viaxes, e que impartirá a a actriz e contacontos Soledad Felloza. Para pechar o capítulo de novidades deste foro viaxeiro en Compostela, anunciouse onte a celebración do ciclo A volta ao mundo en 80 sabores, grazas ao que se chegarán a Santiago as cociñas e os cócteles dos máis diversos lugares do mundo. Diferentes restaurantes e locais nocturnos da cidade participan nesta extensión gastronómica do LITVI, que ofertará menús e receitas inspiradas na cociña de México, Canadá, Francia, Oriente Próximo e Escandinavia.


 

Un ‘libro viaxeiro’

••• Aínda que a vontade dos organizadores deste evento é recuperar a celebración da Feira do Libro, que na edición anterior acolleu unha carpa na Alameda, desta vez serán as librarías Aenea, Pedreira e Abraxas quen amosen as novidades e edicións ‘viaxeiras’ no espazo da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, durante a celebración do Encontro.

••• O xogo ‘Libro Viaxeiro’ é outra das novidades de LITVI 2011. En distintos recunchos da cidade agóchanse, desde a semana pasada, distintos libros que agardan por un lector. No enderezo de Facebook do LITVI atópanse a diario pistas para atopalos, fomentando a divulgación de experiencias.

••• A inscrición na maratón fotografíca, nos obradoiros literarios ou nos cafés cos autores pódese facer efectiva na páxina web do LITVI, www.litvi.es, onde tamén fican a programación e os horarios.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS