El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Lugo, destino gastronómico de calidade e cheo de tapas

Parte dos premiados no XIII Concurso de Tapas feito polo Concello de Lugo nas Festas de San Froilán 2017 - FOTO: G
Parte dos premiados no XIII Concurso de Tapas feito polo Concello de Lugo nas Festas de San Froilán 2017 - FOTO: G

REDACCIÓN   | 07.10.2017 
A- A+

TAPAS A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, Cheché Real, entregaron onte, no Auditorio do Vello Cárcere, os premios aos gañadores do XIII Concurso de Tapas de Lugo, no que participaron 40 locais do 1 ao 17 de setembro. No transcurso do acto, a rexedora felicitou á APEHL "por creer e apostar por este tipo de iniciativa, que cada ano se supera". Así mesmo agredeceu o traballo dos hostaleiros, que xa é coñecido de maneira internacional co lema E para comer Lugo. "A cidade é lugar de destino, gastronomicamente falando", dixou Méndez.