El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Luz Pozo retorna ós seus 94 anos a uns “versos retadores”

Presentou onte en A Coruña ‘Rosa tántrica’ // Empregou 10 anos en escribir o poemario

Ver galería

FERNANDO FRANJO SANTIAGO  | 07.07.2016 
A- A+

O novo libro de Luz Pozo Garza Rosa tántrica (Alvarellos Editora) foi presentado onte en Portas Ártabras, na Coruña.
Acompañaron á autora no acto Olivia Rodríguez González, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Henrique Alvarellos, o seu editor que falou de “versos retadores” dunha autora que traballou nesta obra durante os últimos dez anos nun poemario no que pretende manter un diálogo co escritor arxentino Jorge Luis Borges.  
O acto de presentación, que serviu ademáis de homenaxe á autora que neste mesmo mes cumplirá 94 anos de idade, deixou ver cómo Luz Pozo retorna  á poesía en galego despois de Deter o día cunha flor (2009). O novo libro consta de 63 poemas estructurados en dúas partes ou libros en 13 capítulos. A poeta mergulla ó lector nun peculiar universo poético no que “por veces, a puntuación xoga cos lectores e a língua galega atrae como imán termos e xiros do sánscrito, latín, inglés e castelán” observou o editor Henrique Alvarellos. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt