El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O manancial inesgotábel de Álvaro Cunqueiro revive con Mar Maior

O selo de Galaxia lanza catro títulos do escritor e un libro de relatos de Pardo Bazán//A editora aposta por Villares, Xulia Alonso, Riveiro Coello e Begoña Caamaño na súa estrea en castelán

FRAN P. LORENZO. SANTIAGO  | 19.12.2014 
A- A+

Se hai un autor galego que semella non ter fin –espellado até o infinito en novelas, relatos e artigos de prensa que permiten innúmeras lecturas– ese é Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). O agasallo da súa prosa, o manancial inesgotábel que este legou á cultura universal, revive agora da man de Mar Maior, o selo da Editorial Galaxia que nace coa vontade de ser "unha fiestra galega aberta ao mundo". Nove títulos en castelán son o punto de partida desta ambiciosa aposta, na que catro títulos cunqueiráns creban a tona de xeo do complicado mercado editorial internacional. As principais teimas do autor atravesan Flores del año mil y pico de ave, unha presada de narracións de extensión diversa, escritas entre 1938 e 1943, nun dos procesos vitais máis complexos para o autor. A haxiografía medieval, os mitos célticos ou a aura bizantina envolven estes textos, acompañados, nesta edición, por un epílogo de Xosé Antonio López Silva. Os tres títulos restantes tamén inclúen epílogos. Víctor F. Freixanes fai o de Tertulia de boticas prodigiosas y escuela de curanderos, unha nómina de boticas históricas e de lenda que se dá a man coa tradición dos menciñeiros.

Carlos G. Reigosa asina, pola súa parte, o epílogo dunha viaxe á Italia do primeiro Renacemento, a Vida y fugas de Fanto Fantini, cuxa primeira edición é de 1972, e que é para Reigosa "a súa novela máis libre, tanto na súa concepción coma no seu desenvolvemento".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt