El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

“Manolo González fixo cousas incribles pola nosa asociación”

Doda Vázquez, primeira muller en presidir o centenario ente dos xornalistas herculinos, aterra “con ganas e ilusión”

Doda Vázquez Iglesias, presidenta da Asociación da Prensa de A Coruña - FOTO: Almara
Doda Vázquez Iglesias, presidenta da Asociación da Prensa de A Coruña - FOTO: Almara

ALBERTO MARTÍNEZ. A CORUÑA   | 17.05.2018 
A- A+

“Dáme un pouco de vertixe pero é unha honra enorme ser a primeira muller presidenta da Asociación”, comenta Doda Vázquez Iglesias (A Coruña, 1971), quen desde o pasado 12 de maio rexe os destinos da Asociación da Prensa da Coruña ( APC). 

Faio tras os 14 anos nos que estivo á fronte Manolo González Menéndez, “probablemente o mellor presidente que tivo a APC”, precisa a recentemente elixida. “Non se como era na época de Urbano González, primeiro presidente en 1904, pero na historia recente fixo cousas incribles por unha APC formada por 300 membros”, apostila. 

Estudou xornalismo na Universidade de Salamanca, fixo prácticas en varios medios –en 1993 no CORREO GALEGO–, e pasou polas redaccións de DXT, O Ideal Galego, A Opinión, Xornal de Galicia e de novo O Ideal Galego. 

Xa fose vogal da APC de 2006 a 2010, e vicepresidenta de 2010 a 2014, experiencia na que di aprendeu “moitísimo coa anterior directiva”, sobre todo nas reunións da Federación de Asociacións de Xornalistas de España ( FAPE), ao coñecer “a compañeiros”, e ver que “os problemas de todos os xornalistas son os mesmos en case todos os lados”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt