Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mari Luz, a primeira muller directora dun xornal en España

A xornalista coruñesa, de familia burguesa, foi elixida por un comité obreiro en xullo de 1936 como responsable de ‘La Vanguardia’ // Crítica de cine e moda, traballou na Campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia.

É, sen dúbida, unha muller de referencia na historia do xornalismo. María Luz Morales Godoy nace en A Coruña en 1898 e trasladouse por motivos do traballo do seu pai primeiro a Andalucía e logo a Cataluña onde residirá toda a súa vida sen por iso desvencellarse da súa Galicia de orixe.
En tempos especialmente difíciles, foi a primeira muller de España en dirixir un xornal no tempo que vai de xullo de 1936 a febreiro de 1937. Con pouco máis de vinte anos, xa en Barcelona, foi admitida como colaboradora da revista feminina, xa veterana na cidade condal, El Hogar y la Moda e soio tres anos despois pasou a ser directora desta publicación.
Os seus vínculos con La Vanguardia comenzaron precisamente a mediados desa década a raíz dos textos que viña publicando. Aí emprezarían as súas colaboracións baixo o seudónimo Felipe Centeno coa sua sección Vida Cinematográfica, unha parcela que a levou a traballar para Paramount como asesora literaria e traductora á chegada do cine falado ás pantallas españolas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

10 mar 2017 / 20:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito