Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Monforte redescubre dous lenzos de frei Juan Ricci e Antonio Ricci

Manuela Sáez atribúelle aos pintores do século XVII dous importantes cadros do Museo de Arte Sacra das Clarisas

O Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos exhibe, entre os tesouros do seu fondo pictórico e escultórico, senllos cadros que acaban de ser atribuídos, pola historiadora Manuela Sáez, aos pintores do século XVII frei Juan Ricci (1600-1681) e o seu pai Antonio Ricci (c. 1565-c. 1635). Frei Juan Ricci é o autor do retrato do VIII Conde de Lemos, Francisco Ruiz de Castro, figura de importancia histórica, que foi embaixador en Roma e virrei en Nápoles. Ao enviuvar, o Conde de Lemos ingresou na orde beneditina como frade co nome de Agustín de Castro. Á mesma orde pertencía o autor do retrato, Juan Ricci. "É posible que o retrato fose realizado cara a 1645, data na que Ricci estivo realizando varias obras para San Juan de Burgos, lugar da morte do Conde oito anos antes". Para a atribución a frei Juan Ricci foi "determinante", sinala Manuela Sáez, "a boa restauración realizada por Marta Méndez Rebolo, que permitiu apreciar detalles que eran imperceptibles". Moitos dos rasgos habituais da pintura de Ricci fillo están ademais no lenzo das Clarisas de Monforte. "O autor focaliza a luz no rostro e nas mans, que sobresaen no hábito negro, un rasgo habitual nas súas obras, e amosa, á esquerda do cadro, pasaxes da vida de San Bieito, unha miniatura que se pode ver a través dunha ventá", sinala Sáez.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

15 nov 2014 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito