El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Monseñor Froján visita a mostra 'In temporen sueborum'

O agregado da Sección para as Relacións cos Estados da Santa Sede destaca a súa europeidade

Monseñor Froján, flanqueado por López Quiroga e Baltar, onte - FOTO: Deputación de Ourense
Monseñor Froján, flanqueado por López Quiroga e Baltar, onte - FOTO: Deputación de Ourense

LUIS MONTERO. SANTIAGO   | 04.01.2018 
A- A+

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao agregado da Sección para as Relacións cos Estados da Santa Sede, monseñor Francisco Froján, quen asinou no Libro de Honra da institución provincial e visitou a exposición In tempore sueborum, a mostra máis importante de Europa sobre o reino suevo, que organiza a Deputación de Ourense. Trala firma, o presidente da Deputación de Ourense acompañou a monseñor Froján durante a visita ao Centro Cultural Marcos Valcárcel -un dos tres espazos expositivos onde se exhibe mostra-, percorrido no que estiveron acompañados polo comisario da mostra, Jorge López Quiroga, quen explicou o contexto histórico e arqueolóxico da exposición.

Monseñor Froján destacou que o proxecto "axuda a comprender o fenómeno suevo e a cultura e tradicións que este pobo deixou nestas terras, e como a Igrexa entrou en contacto con esa cultura, e como isto serviu para estruturar a organización eclesial da Gallaecia", e resaltou "a universalidade e europeidade" da exposición.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt