Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 25.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

elos de lectura

O mundo imaxinario de "O renacemento de Dragal"

19.10.2010  A escritora turolense Elena Gallego incorpora ao galego a obra finalista do Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil

4.7/5 [18 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

GEOVANA GENTILI USC/UNESP


A escritora Elena Gallego ante o cartel promocional do seu libro.  FOTO: sarmientobiblioteca
A escritora Elena Gallego ante o cartel promocional do seu libro.
FOTO: sarmientobiblioteca

Nos últimos anos, observamos a constante recorrencia ao universo mitolóxico nas publicacións destinadas aos mozos (aquí, deixamos de lado o aspecto fronteirizo inherente ao xénero xuvenil). Así, historias con protagonistas bruxos, dragóns, lobishomes, vampiros e outros seres sobrenaturais poboaron o imaxinario dese público e, como exemplos máis recentes, podemos mencionar a saga do bruxo Harry Potter, de J. K. Rowling e a dos vampiros, en Crepúsculo, de Stephenie Meyer.

Seguindo esa vertente, Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) incorpora ao sistema literario galego Dragal. A herdanza do dragón (2010), obra finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009, que se publicou na colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais de Galicia, primeira entrega dunha futura triloxía. Como o propio título suxire, a temática do libro incide no renacemento do último dragón galego.

Nun día normal de aulas, Hadrián descobre, na fachada da igrexa de San Pedro, a presenza dun dragón que se asemella a unha das caras presente na medalla que herdara de seu pai. A partir dese momento, a presenza do dragón forma parte do imaxinario do mozo estudante e as lembranzas dos contos narrados por seu pai na súa infancia adquiren novos significados. Hadrián xunto á súa amiga Mónica inician un proceso de investigación coa finalidade de entender a relación existente entre os dous obxectos, buscando máis informacións referentes ao misterioso dragón.

En consonancia coa temática, a estrutura dada ao libro é similar á da narrativa detectivesca, na que os personaxes son os encargados de relacionar os diferentes elementos descubertos na tentativa de cubriren as lagoas existentes na trama. Nese sentido, verificamos que esas "pistas" se converten nun recurso narrativo estimulante e orientador do texto, conducindo tanto o protagonista coma o lector ao punto máximo da historia, na que se dá o encontro e a fusión de Hadrián co dragón nas catacumbas da igrexa de San Pedro. A pesar da mestura identitaria, moitas preguntas permanecen abertas: "Quen é Dragal e que quere? Quen decidiu que eu debo ser o Gran Mestre dunha orde da que ninguén máis sabe nada? Como vai rematar todo isto?" (p. 151).

Malia que a obra de Elena Gallego Abad recorra ao universo mitolóxico comunmente empregado nas publicacións destinadas aos mozos, o seu discurso literario diferénciase por incorporar a ese tipo de escritura elementos identitarios galegos. Dese modo, o prestixio de Dragal incide no feito de crear un universo marabilloso conforme á cultura de Galicia. Agora quédalle ao lectorado esperar a continuación desa triloxía e coñecer que simboloxía do dragón será abordada nos demais volumes da saga: a da perspectiva cristiá -da forza do mal- ou a da alquimia -do poder e da forza-.

geovana@gentili.com.br

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS