El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Novo éxito de ‘Pazo de familia’ na noite do luns con 101.000 espectadores

A serie de TVG estivo entre as propostas máis vistas do ‘prime time’ desa xornada

ECG   | 14.02.2018 
A- A+

Madrid. Pazo de Familia acadou de novo nesta semana bos datos de audiencia na noite con máis competencia da semana pois a serie de Televisión de Galicia (TVG) foi das ficcións de maior sona na noite do pasado luns cun 10,1% de cota de pantalla e ata 101.000 espectadore, proba da forza desta trama. A produción do lucense José María Besteiro está a ter bos índices de audiencia mesmo no pasado luns como nos episodios das pasadas semanas, e iso salienta a fidelidade dos espectadores galegos.

A mistura de humor, amor e misterio fai de cada guión desta trama un reclamo moi ben acollido polos espectadores galegos que levan xa varias temporadas cun nivel de seguimento que converte a Pazo de Familia nunha pezas fundamental da canle pública galega A semente deste serial de romance e drama está nunha produción previa, Libro de familia, serie que tamén foi emitida con éxito por TVG.