El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O Gaiás acollerá o patrimonio sonoro de Galicia nunha mostra

A programación esténdese a outros puntos da comunidade con conferencias ou talleres

IRENE JIMÉNEZ. SANTIAGO  | 18.04.2013 
A- A+

A Consellería de Cultura organiza ata primeiros de maio unha decena de accións divulgativas e concertos arredor da paisaxe sonora galega coa que culminan dous anos de traballo no marco do proxecto European Acoustic Heritage (Patrimonio Acústico Europeo), liderado pola Agadic ao abeiro do programa Cultura da UE.

Esta iniciativa comunitaria conta ademais coa participación da Fundación Illa de San Simón, que pasa a formar parte da programación cultural da Xunta de Galicia, e co colectivo multidisciplinar Escoitar.org como socios dun proxecto no que tamén están implicados o Phonogrammarchiv da Academia das Ciencias de Austria, o centro Cresson para a investigación sobre o espazo sonoro e o medio urbano da Escola Nacional Superior de Arquitectura de Grenoble (Francia) e a Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere (Finlandia).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt