Noticia 1 de 1
Tendencias
| tendencias@elcorreogallego.es |
RSS
O Grupo de Teatro Down Compostela estreará 'Fuenteovejuna' este sábado no Salón Teatro
SANTIAGO. EP | 27.06.2012
O Grupo de Teatro de
Down Compostela, composto por mozos con Síndrome de Down e discapacidade intelectual dirixidos por Lucas Herrador, estreará este sábado, 30 de xuño, ás 21.00 horas, a obra 'Fuenteovejuna' no Salón Teatro de Santiago.
O acceso á sala será libre, logo de retirada de correspondente entrada en taquilla de Salón Teatro. A representación da obra farase en verso, "tal como Lope de Vega a concibiu", segundo explica o director do grupo.
Patrocinado por La Caixa, 'Fuenteovejuna' é a cuarta obra que representa o Grupo de Teatro Down Compostela despois da posta en escena de 'Alicia no país das marabillas' (2009), 'Esopo e as súas fábulas' (2010) e 'Romeo e Julieta' (2011).
A taquilla do Salón Teatro ser abrirá ás 19.00 horas deste sábado para que todos aqueles que desexen ver a obra poidan gozar dun espectáculo, segundo explica a organización, no que os mozos de Down Compostela levan meses traballando en colaboración con alumnos do Ciclo de Animación Socio-Cultural de Pontepedriña baixo a dirección de Lucas Herrador.
© 2013 www.elcorreogallego.es ISSN:1579-1572
Todos los derechos reservados. Prohibida la
reproducción parcial o total del contenido sin la
expresa autorización del propietario.