Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 02.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

O Ramón Piñeiro recoñece a defensa da lingua da RAG

09.09.2010  Os convocantes do premio, preocupados pola difícil situación dos medios en galego

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MARIO ÁLVAREZ SANTIAGO

O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, na RAG .  FOTO: Cabalar
O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, na RAG .
FOTO: Cabalar

Como mostra recoñecemento pola súa contribución "a prol da defensa e potenciación da lingua e cultura galegas a través dun século de actividade fecunda", o xurado do premio Facer País-Ramón Piñeiro López decidiu entregarlle o undécimo galardón a Real Academia Galega.

A institución académica recibirá o premio impulsado pola asociación cultural Val de Láncara a finais de outubro.

Na resolución, que fixo público onte o secretario do xurado, Carlos López Sierra, recoñécese que "mesmo en tempos nos que as adversas circunstancias de rexeitamento e negación da identidade e dos valores propios dunha Galicia na que o pobo soubo conservar o seu rico patrimonio, acharon na Real Academia Galega e nos seus académicos, como expresión institucional e de rigor científico e intelectual, a máis axeitada canle de manifestación dos valores propios".

Os convocantes do premio aproveitaron onte a súa comparecencia para amosar a súa preocupación pola situación difícil que están atravesando o semanario A Nosa Terra, que recibiu este galardón, e outros medios.

Sobre o galardón, o xurado explica tamén na resolución que "a RAG ergueu, con escaseza de medios, e fronte a malevolencias e inxustificadas retesías, a autoridade e o exemplo do seu traballo dignificador e comprometido, especialmente cando, como sucede recentemente, se pretende ignorar e ir en prexuízo da creación colectiva máis significativa e preciada do pobo galego: a lingua galega".

O xurado estivo formado por representantes de catorce asociacións e entidades culturais da comarca de Sarria, Val do Neira e o Corgo, o CEIP Ramón Piñeiro de Láncara, o Centro Unesco de Sarria e o Concello de Láncara.

Noutras edicións o premio recoñeceu o labor de Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Avelino Pousa Antelo e Luz Pozo Garza.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS