El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

La pintura de Isaac Díaz Pardo ‘O discurso’ al museo de Belas Artes

O cadro, que foi cedido pola Deputación da Coruña, exhíbese agora na sala de arte galega do século XX do centro museístico da Consellería de Cultura

Acto de presentación da obra ‘O Discurso’, de Díaz Pardo.  - FOTO: XdG
Acto de presentación da obra ‘O Discurso’, de Díaz Pardo. - FOTO: XdG

ANTONIO LÓPEZ SANTIAGO  | 14.09.2017 
A- A+

O Museo de Belas Artes da Coruña incorpora á súa exposición permanente a obra O discurso, de Isaac Díaz Pardo, que se pode visitar na sala dedicada á arte galega do século XX.
O cadro, realizado polo intelectual e galeguista compostelán, foi cedido pola Deputación Provincial da Coruña o pasado mes de xaneiro para a súa exhibición pública no centro museístico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Segundo afirmou onte pola mañá o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante a rolda de prensa de presentación da obra, no marco desta colaboración institucional coa Deputación da Coruña, o Museo de Belas Artes da Coruña amplía a súa colección coa obra dunha figura fundamental da arte e da cultura galegas do século XX, concretamente un dos membros máis novos do denominado grupo dos Renovadores, que constituíu unha xeración clave na modernización da pintura en Galicia.
Cunhas dimensións de 1,66 x 1,96 metros, a peza ‘O discurso’ está datada na década dos 40, década na que Isaac Díaz Pardo abandona a influencia da pintura académica para decantarse por un estilo cada vez máis personalizado. Como ocorre co resto de obras desta época, o tema central é a figura humana, recreada en amplos volumes e cun gran protagonismo do debuxo.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt