El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Ponteareas lembra a figura de Fermín Bouza Brey a través dunhas xornadas

PONTEVEDRA E.P.  | 31.03.2017 
A- A+

O municipio pontevedrés de Ponteareas lembrará este venres a figura de Fermín Bouza Brey a través dunha xornada que terá lugar no Salón de Plenos do Concello a partir das 20,00 horas. A xornada correrá a cargo de Xosé Manuel González Reboredo, especialista en Antropoloxía Cultural, quen, coa charla 'Fermín Bouza Brey, un destacado etnógrafo visto por un discípulo', afondará na personalidade desta figura da literatura e cultura de Galicia. Así mesmo, na xornada tamén intervirá o investigador David Sánchez, gañador da sexta edición do Premio de Investigación Fermín Bouza Brey. Este acto ten como obxectivo "homenaxear e difundir a obra e figura do insigne escritor ponteareán" entre a poboación, para "pór en valor e dar a coñecer" a súa persoa.