El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Libro

Preséntase este mércores o libro 'Os últimos carballos do banquete de Conxo'

REDACCIÓN WEB SANTIAGO  | 24.01.2017 
A- A+

'Os últimos carballos do banquete de Conxo' é un libro que publica a Editorial Alvarellos, e que presentará este mércores ás 19:30 horas na Fundación Torrente Ballester. A obra foi creada por catro autores, Henrique Alvarellos, Autor de varios libros, xornalista e editor; Xurxo Martínez, É especialista no Rexurdimento do século XIX; Francisco Singul González, especialista en arte barroca e no Camiño; Martín Souto, botánico con amplos coñecementos da flora e bosques de Compostela.

A obra rende homenaxe a aquela histórica xuntanza entre obreiros e estudiantes en 1856. O libro percorre o espazo onde se celebrou no barrio de Conxo en Santiago. Un paseo —ilustrado con 60 imaxes entre fotografías actuais e históricas, debuxos, e un gran plano xeral de situación— polas voces e os nomes que o alimentaron, e polo bosque que aínda vive nel. Porque neste terreo, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen, posiblemente, os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.

Os autores mostran o contexto político e cultural. A finca desamortizada onde se celebrou o acto, deténdose na súa vinculación co Camiño Portugués a Santiago e co culto centenario á Virxe da Cuncha. Tamén percorre o bosque que aínda resiste pé do río Sar, analizando e medindo as árbores centenarias.

O libro fíxose coa colaboración do consorcio de Santiago. A presentación acudirán o alcalde Martiño Noriega e presidente do Consorcio da cidade, Belén Hernández, xerente do Consorcio e os autores.