Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 25.09.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

'Quen puidera namorala' volve hoxe en 'prime time'

01.08.2010  A TVG emite esta noite dous capítulos // A canle achegarase tamén á romaría vikinga de Catoira e á procesión do Cristo da Victoria en Vigo

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

VANESSA MUNÍN. SANTIAGO

Escena da serie ‘Os gozos e as sombras’ FOTO: Gallego
Escena da serie ‘Os gozos e as sombras’
FOTO: Gallego

A procesión do Cristo da Victoria en Vigo, o desembarco vikingo en Catoira, dous novos capítulos da serie Quen puidera namorala ou Os gozos e as sombras son algunhas das propostas para os espectadores da Televisión de Galicia no primeiro día de agosto.

Esta tarde a TVG ofrecerá en directo desde Vigo a Procesión do Cristo da Victoria, unha das procesións relixiosas máis numerosas da comunidade galega, que congrega cada ano a milleiros de fieis e devotos. Arredor das 19.30 horas será cando a canle autonómica dea paso ao xornalista Moncho Lemos, que en directo comentará para os espectadores galegos a multitudinaria e emblemática procesión que conmemora a reconquista de Vigo fronte ás tropas napoleónicas.

'Vivir Aquí' tentará descubir este domingo que teñen en común Viveiro, Cedeira, Redes, Sanxenxo, Baiona ou a Illa da Toxa, agora que estamos no verán. O programa ofrecerá un percorrido turístico polas vilas costeiras máis buscadas nesta época para comprobar outras maneiras de vivir e pasalo ben e descubrir que busca en Galicia as persoas que veñen de fóra.

Os seguidores da serie Quen puidera namorala, poderán ver nos capítulos de hoxe como Octavio se sente culpable por traizoar o seu amigo. Daniel sincérase con el confesándolle que se namorou de Clara. Daniel trata de disimular ante Andrés, o seu empregado, as verdadeiras intencións da súa visita e dille a Clara que lle devolve o seu posto e que a espera ese mesmo día na galería para que retome o seu traballo.

O programa Conexións botará unha ollada ao noso arredor para que nos fagamos unha idea da grande diversidade de novos materiais que usamos cada día na cociña, para concluír que a variedade e sofisticación dos materiais que emprega unha sociedade é unha boa medida do seu desenvolvemento tecnolóxico.

'A Revista Fin de Semana' conectará con Manzaneda. Alí desenvólvese o I Campionato Celtibérico de Bandas de Gaitas, Memorial Gabino García. Esta xornada Catoira revive un dos episodios históricos con máis sona en Galicia, o desembarco vikingo e a defensa das Torres de Oeste.

A xornada do domingo remata cun novo capítulo da serie Os gozos e as sombras, a adaptación da novela de Gonzalo Torrente Ballester, rodada na localidade pontevedresa de Bueu.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS