El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Redrum estrea hoxe no Principal de Santiago ‘A canción do elefante’

Vai interpretado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez

REDACCIÓN  | 13.09.2017 
A- A+

Santiago. A compañía compostelá Redrum Teatro estrea hoxe no Teatro Principal de Santiago o seu último espectáculo, A canción do elefante, un thriller psicolóxico que contou para a súa produción cunha axuda da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A canción do elefante, orixinal do autor canadense Nicolás Billon, está dirixida por Álex Sampayo e interpretada por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. As funcións, que se prolongarán ata o sábado 16, en horario de 20:30 h. están cofinanciadas ademais pola Xunta de Galicia a través das suvbencións á distribución das industrias culturais.
A trama de A canción do elefante comeza cando un psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutos Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer. A obra foi presentada onte en Santiago polo seu director e protagonistas, nun acto no que tamén participaron a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas; e mais o director da Agadic, Jacobo Sutil.
Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt