El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

VIGO

Respaldo estratéxico ao Concurso de Rondallas

REDACCIÓN  | 11.01.2018 
A- A+

O Goberno galego garante o seu apoio estratéxico e plurianual para a celebración do I Concurso de Rondallas no recinto feiral de Vigo, que organiza a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo. Así o anunciou onte o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, cuxo departamento financiará con 90.000 euros ata o 2020 a celebración deste evento e a súa continuidade. Nun acto no que tamén estiveron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Federación de Rondallas, Roberto Giráldez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; Román Rodríguez subliñou a importancia desta manifestación musical popular.