El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Ríos aboga pola conexión entre a ciencia de calidade e a empresa

Conde defende un modelo de investigación aberto e colaborativo na entrega dos III Premios á Transferencia de Tecnoloxía, outorgados pola RAGC e Again

FOTO DE FAMILIA El conselleiro de Industria flanqueado por presidente de la RAGC y el rector de la USC junto a otras autoridades y los premiados este año - FOTO: A. Hernández
FOTO DE FAMILIA El conselleiro de Industria flanqueado por presidente de la RAGC y el rector de la USC junto a otras autoridades y los premiados este año - FOTO: A. Hernández

SANTIAGO. MARIO ÁLVAREZ  | 13.12.2017 
A- A+

O presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Miguel Ángel Ríos, afirmou onte que “hai que producir ciencia de calidade, pero tamén poñer en marcha procesos que transfiran os seus resultados á empresa”. Na entrega dos III Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, onte en Santiago, Ríos dixo que o desenvolvemento económico e o benestar social de Galicia dependen da capacidade das empresas para xerar riqueza e que a innovación baseada no coñecemento –e na investigación– é a única fórmula para competir no mercado global.

Os galardóns recoñecen as mellores prácticas de transferencia de coñecemento dos organismos de investigación ao tecido produtivo.Están promovidos pola RAGC, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

No acto, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, ratificou a aposta da Xunta por un modelo de investigación aberto e colaborativo para poder seguir avanzando na transferencia da tecnoloxía, co obxectivo de que a ciencia se traslade á sociedade en forma de novos produtos e servizos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt