El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Rueda defende o galego como lingua vehicular na Xunta

A EGAP ensalza a figura da escritora María Victoria Moreno como unha loitadora e o seu compromiso persoal coa lingua comunidade

 Sonia Rodríguez Campos, Alfonso Rueda e Fina Casalderrey, na EGAP. - FOTO: ECG
Sonia Rodríguez Campos, Alfonso Rueda e Fina Casalderrey, na EGAP. - FOTO: ECG

MARIO ÁLVAREZ   | 17.05.2018 
A- A+

O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, defendeu onte o uso do idioma galego como "lingua vehicular" que se utiliza "con normalidade" na Administración autonómica, segundo recolle a axencia Efe.

A Escola Galega de Administración Pública acolleu onte unha homenaxe a María Victoria Moreno, a autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018.

Rueda, ante os xornalistas, comentou que o acto de onte "ten moito simbolismo" porque serve para mostrar a relación da "escola de formación dos traballadores públicos, non só da Xunta" co idioma propio da nosa comunidade.

Dá fe da "vinculación" e o "compromiso" que existe "co uso normalizado do galego como lingua vehicular, xa non só como obrigación legal, senón como convencemento de que é o idioma no que se fan con normalidade os trámites administrativos da Xunta de Galicia".

O acto, acompañado por "unha pequena exposición cultural", tamén dá "testemuño" do respecto dos traballadores públicos "ao escritor ou escritora ao que se dedican as Letras Galegas" cada ano, polo que aposta pola súa consolidación tras varias edicións consecutivas.

A este acto literario dedicado a María Victoria Moreno na EGAP, ademais de Alfonso Rueda, asistiron a escritora e académica da RAG Fina Casalderrey e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt