Sábado 11.02.2012
| Actualizado 16.04
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| O PRESIDENTE DA CRTVG, Alfonso Sánchez, e Alfonso Cabaleiro, cuarto e quinto pola esquerda, onte na foto de familia con todos os premiados nos concursos polo 25 aniversario da compañía FOTO: AGN |
Alumnos do instituto Leiras Pulpeiro de Lugo gañaron un dos concursos cos que a Secretaría Xeral de Medios conmemorou o 25 aniversario da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG). Uns certames que, segundo o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, "naceron para potenciar os avances tecnolóxicos do audiovisual galego" e ademais para "facer que os cidadáns participen na celebración".
Así, o secretario xeral de Medios referiuse á "alta asistencia" que tiveron estas actividades, desenvolvidas dende o 19 de abril, que levaron ás aulas dos Centros para a Modernización e Innovación Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) a "máis de 2.000 persoas".
Á entrega de premios tamén acudiu o director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que lle agradeceu á Secretaría Xeral de Medios a colaboración nas actividades programadas con motivo do aniversario. Izquierdo aproveitou para recordar o "gran papel" da CRTVG na "normalización da lingua e cultura galega" nos 25 anos de historia.
Ademais, o director da CRTVG, que recibiu un trofeo do secretario xeral polo 25 aniversario da institución, destacou o talento dos participantes e "a importancia" das novas tecnoloxías como o stop-motion en animación galega, informa Europa Press.
Tamén recibiron galardóns os gañadores dos concursos relacionados coas novas canles de información que puxo en marcha a Secretaría Xeral de Medios. No concurso Que está a pasar nas aulas da Rede CeMIT con motivo dos 25 anos da CRTVG?, o gañador Alfredo Brambila tamén recibiu unha videocámara.
No certame As grandes frases da dobraxe galega encamiñado a atopar a frase máis célebre da TVG, foi para a emblemática Vai rañala, raparigo, de Terminator.
