El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Santa Maria da Feira convértese na V Capital da Cultura do Eixo Atlántico

Hoxe, inauguración cun concerto de fado e bandas filharmónicas// Promove a creación autóctona e reserva parte da súa programación a obras de artistas novos

Un momento da rolda de prensa celebrada onte en Santa Maria da Feira - FOTO: EA
Un momento da rolda de prensa celebrada onte en Santa Maria da Feira - FOTO: EA

VICTORIA ROJAS SANTIAGO   | 13.01.2018 
A- A+

Entre xaneiro e decembro deste ano, Santa Maria da Feira acolle e organiza a V Capital da Cultura do Eixo Atlántico, que ­promove a creación autóctona, ­reservando parte da súa programación á cultura ­urbana realizada por artistas novos.

A programación dará comezo hoxe co concerto Filarmonia no fado -que xuntará no escenario do gran auditorio do Europarque á fadista con internacional Sandra Correia e ás catro bandas filharmónicascentenarias de Santa Maria da Feria nun momento cultural inédito- e que se estende durante 50 ­semanas, mesturando arte, ­cultura e coñecemento no Eixe ­Atlántico.

A programación asociada aos grandes eventos do territorio, como a Festa das Fogaceiras, o festival Imaginarius, a Viagem Medieval e o parque temátivo Perlim, acollen as novas creacións, coa participación da comunidade ou en cooperación con outros municipios do Eixe, así como estreas nacionais e internacionais, que deixarán a súa marca no historial de cinco edicións deste acontecemento cultural transfronterizo.

A extensa programación definida para os doce meses de 2018 abarca diferentes disciplinas artísticas, como as artes na rúa, artes plásticas, cine, cultura urbana, baile, música, novo circo, stand-up, teatro, teatro de marionetas, folclore e etnografía, actividades multidisciplinares, recreacións históricas, exposicións, encontros, coloquios e seminarios, priorizando as dimensións da creación artística e da participación cultural. En el total, son 51 eventos dedicados á celebración da V Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt