Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 02.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Tendencias| tendencias@elcorreogallego.es  |  RSS - Tendencias RSS

Santiago Jaureguizar 'colle o tintimán' ao lectorado xuvenil

06.07.2010  Chegan as dúas aventuras dun aprendiz de xornalista

4.2/5 [17 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ESTHER DE LEÓN VILORIA USC/CRPIH

Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965) é un escritor xa moi coñecido polo lectorado máis novo. Desde que en 1995 publicou Todo a cen, conta xa con máis de media ducia de obras destinadas a este público lector. Tras unha traxectoria, recoñecida con galardóns varios, como o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006, por A cova das vacas mortas, demostra de novo a súa habelencia para adaptarse aos gustos literarios da mocidade cunha serie literaria sobre as aventuras dun aprendiz de xornalista, iniciadas no ano 2010 con dous títulos na colección "Tintiman", nome tomado polo protagonista en homenaxe ao seu pai. Como di o autor no seu blog, "Collerlle o tintimán a un" significa entenderse moi ben con el, despois de coñecer os seus costumes.

No primeiro, Corazón de chocolate, un inquedo rapaz de dezaseis anos cambia radicalmente de vida tras falecer seu pai. Decide substituílo no xornal compostelán Diario Galego e pronto demostra a súa capacidade para pescudar nas condicións máis comprometidas en busca da noticia, axudado polo infalible instinto do felino Señor Grozni. As andainas de Uxío Lobos polos corredoiros subterráneos do Obradoiro descubrirán a vinculación dos poderes relixiosos e políticos cunha sociedade secreta, ademais de cambiar a historia do descubrimento de América.

‘Corazón de chocolate’, a primeira das historias dun inquedo chaval
‘Corazón de chocolate’, a primeira das historias dun inquedo chaval

No segundo, A coroa de Napoleón, este xornalista volve a demostrar a súa valía ocupándose dun asunto que xa se anunciaba ao final da primeira entrega. De novo mestúranse os acontecementos presentes cos misterios do pasado dunha cidade galega, neste caso a Batalla de Elviña, librada na capital brigantina en 1809. Para a recreación da contenda contouse coa "coroa de Napoleón", unha xoia que un descoñecido roubou. Ao mesmo tempo que se seguen as pegadas do ladrón, ofrécense datos que demostrarán a posible estadía do emperador francés na Coruña.

Ademais de incitar a curiosidade do lectorado mediante estes xiros sorprendentes dos acontecementos históricos e manter en todo momento o seu interese co ritmo trepidante dos feitos narrados, Jaureguizar demostra a súa facilidade para achegarse á mocidade cunhas obras que contan entre os seus elementos un humor irónico e retranqueiro. Por outra banda, percíbese a influencia de numerosos personaxes míticos das novelas de aventuras e detectivescas na configuración do carácter do protagonista.

Se no seu aspecto lembra a vestimenta do cinematográfico Indiana Jones, no seu afán sedutor podería ser un James Bond precoz, consciente do seu atractivo e fachendoso da súa independencia.

Mónica, Maika e Sonia foron as primeiras, pero a bo seguro non serán as últimas "chicas Tintimán", pois ao remate da segunda entrega reclámase a súa presenza en Lugo.  

PROTAGONISTA ELIXIDOS

Porto Editora. É esta unha editora emblemática portuguesa que desde o ano 2007 publica unha revista que acolle a LIX galega e portuguesa para dala a coñecer non só a partir de traballos de investigación e crítica académica senón tamén de experiencias, perfís de autores e ilustradores, e recensións de estudos e obras literarias incidindo así tamén na promoción da lectura. Amplía o espectro de divulgación e crítica da primeria serie de Malasartes, orixe desta nova revista científica.

Malasartes 19. Neste número, seguindo as seccións habituais da revista, dáse cabida na sección "Perfil" a dous amplos estudos sobre a obra da portuguesa Inês de Oliveira e a galega Ana María Fernández, cualificada como un dos piares da conformación do sistema literario infantil e xuvenil galego, entre eles incrústase un apartado poético da galega Elvira Riveiro; na sección "Estudos", analízase unha colección moi ben acollida de obras de María Teresa Maia González, unha mostra das novas tendencias da LIX portuguesa; dúas obras dos galegos An Alfaya e Agustín Fernández Paz que tratan a Guerra Civil fixándose no rol dos personaxes femininos, e a "escrita funcional" no teatro para a infancia do portugués João Paulo Seara Cardoso; na sección "Actual" dáse noticia e analízase a repercusión da versión cinematográfica de Tim Burton de Alicia no País das Marabillas; en "Referências" faise un percorrido biográfico pola colección "O. Contos a pedir de boca", de OQO Editora e sobre a produción poética de Nicolás Guillén; na sección "Reler" retómase unha obra de Maria Gripe; e en "Práticas" analízase, dende o ámbito galego, o emprego da fotografía dixital na animación lectora; por último, en "Recensões e Notas Críticas" e "Estudos e Revistas-Recensões e Notas Críticas" coméntanse seis obras de creación portuguesas e seis galegas; dous volumes de crítica sobre autores portugueses; dous con comentarios de LIX portuguesa e galega; un sobre un autor galego e finalmente outro sobre o exilio no que se trata a Neira Vilas. PILAR BENDOIRO MARIÑO

NOVAS +

Neste ano cumpriuse o noventa aniversario do nacemento do escritor e pedagogo Gianni Rodari (Omegna, 1920-Roma, 1980), cuxa figura e obra serán recordadas na Feira do Libro de Bologna. Varias institucións italianas declararon o 2010 como Ano Rodariano. Elos

PARA COÑECELA +

Comezou esta década coa promulgación da Nova Lei de Educación (1970) que, ao recoñecer a existencia das linguas nativas e a posibilidade do cultivo do galego na etapa preescolar, impulsou a configuración do sistema literario infantil e xuvenil galego. Esta lei deu como resultado o Plan Galicia de Educación (ano 1971), co que se conseguiu que o galego entrase minimamente no sistema educativo provocando a necesidade dunha serie de materiais como libros de aula, de lecturas, métodos de lectura e escritura en lingua galega. Isto tamén animou a profesionais do ensino, ben en solitario ben formando colectivos, a realizar publicacións periódicas dirixidas á infancia como foron Axóuxere (1974-1975, en La Región); Vagalume (1975-1978) e As Roladas2 (1978-1981) e un bo número de obras literarias. A este desenvolvemento axudaron as novas asociacións, fundamentalmente a Asociación Católica de Mestres (ano 1970), creada na Coruña, e o aumento de editoras, como foi o caso de Editorial Altea (ano 1979) e Edicións Xerais de Galicia (ano 1979). Ao finalizar a década todo este esforzo veuse fortalecido coa entrada da democracia e a promulgación das leis que levaron á lingua autónoma aos distintos sectores educativos. Blanca-Ana Roig Rechou

NOVAS +

Parabéns a OQO Editora porque Cocorico (2006), adaptación de Marisa Núñez e de Helga Bansch, mereceu un novo recoñecemento. Nesta ocasión ao redor de tres mil escolares vascos elixírono o mellor libro do ano 2010 no certame Eleccións literarias. Elos

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS