Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 25.10.2014  | Actualizado 13.13 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Santiago será sede da IV Bienal Literaria Internacional do PEN

Bieito Iglesias e Luís G. Tosar representaron a Galicia no congreso mundial do clube literario en Belgrado // Asinaron unha carta lingüística

FRAN P. LORENZO SANTIAGO   | 23.09.2011 
A- A+

Escritoras e escritores de todo o mundo reuniranse na primavera de 2012 en Santiago de Compostela, ao abeiro da IV edición da Bienal Literaria Internacional, unha celebración alentada polo PEN Clube e que organizará o PEN Galicia, segundo acordou o 77 Congreso Mundial de escritores, que se celebrou en Belgrado do 12 ao 18 de setembro. No encontro, que logrou reuniur na capital serbia aos representates de oitenta delegacións do PEN, asistiron en representación da literatura galega o poeta Luís González Tosar e o narrador Bieito Iglesias. Nese foro, senllos autores galegos estamparon a súa sinatura nunha importante declaración de dereitos lingüísticos universais, presentada polo Comité de Tradución e Dereitos Lingüísticos Universais, que preside o catalán Josep María Terricabras. A diversidade lingüística como patrimonio, o dereito á oficialidade do idioma, o prestixio da lingua da comunidade a través do ensino, e a consideración dos medios de comunicación como "voceiros privilexiados á hora de facer efectiva a diversidade lingüística e de prestixiala con competencia e rigor" son algúns dos puntos máis senlleiros desta declaración.

A instancias do PEN galego acudiron á xuntanza dous escritores brasileiros, Claudio Aguiar e Cecilia Costa,. Ademais Luís González Tosar asumiu, ante a asemblea, co visto e prace do presidente internacional do PEN, o canadiano John Ralston Saul e do secretario internacional, o xaponés Takeaki Hori, a tarefa de impulsar centros PEN en Angola, Mozambique e Cabo Verde.

O PEN galego apoiou ademais a entrada no PEN Internacional do Centro de Escritores occitanos. Os contactos das letras galegas coas provenzais, veñen sendo estreitos desde maio de 2004, dato no que se celebrou en Samos o Descordo de amor: Occitania en Galicia.

Por outra parte, os escritores galegos tomaron parte nas reunións preparatorias da European Network (Rede Europea) encabezada por Jonathan Heawood do PEN inglés e David Van Reybrouck do PEN de Flandes.

COLABORACIÓNS

'Diversity'. O Pen galego asinou un convenio de cooperación coa profesora e crítica literaria Katica Kulavkova, de Macedonia, directora do proxecto 'Diversity', para que a literatura galega figure nas traducións a outras linguas que o devandito proxecto publica na rede (www.diversity.org.mk).

Contra a represión. A asemblea de delegados suscribiu numerosas resolucións do WIPC (Comité de Escritores Presos) reclamando aos diferentes gobernos a liberación de escritores e xornalistas.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS