Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 24.05.2013  | Actualizado 08.18 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

'VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO' EN RADIO OBRADOIRO

Songoku e familia invaden A Coruña

O Salón do Cómic celebra o vinte aniversario da publicación de Dragon Ball Z cunha exposición // Carlos Portela, subdirector do evento falou en 'Caixón de sastre' sobre o programa da XV edición // O debuxante Homs, que trasladará a cómic a triloxía Millenium e o coruñés José Domingo, gañador do Salón do Cómic de Barcelona serán algúns dos protagonistas

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Carlos Portela, subdirector de 'Viñetas desde o Atlántico


SANTIAGO. RO  | 08.08.2012 
A- A+

A decimoquinta edición do Salón do Cómic da Coruña está sendo todo un éxito, segundo explicou en Radio Obradoiro o seu subdirector. "É unha satisfacción ver que cada vez ven máis xente e que ao mesmo tempo é un espazo de encontro para os profesionais". Carlos Portela sinalou que entre as propostas deste ano, cabe destacar a participación do Premio Nacional de Cómic de Barcelona José Domingo, o catalán Rubén Pellejero, o debuxante serbio Guéra, o Premio Nacional de Cómic  Bartolomé Seguí  ou Homs,  autor "que levará a cómic a triloxía Millenium de Stieg Larsson".

Portela salientou ademais que o público poderá desfrutar das exposicións monográficas durante uns días máis trala clausura de 'Viñetas desde o Atlántico' o día 12 . "O público poderá ver unha mostra de orixinais de Batman que coincide coa terceira película de Christopher Nolan e tamén unha exposición que conmemora o vinte aniversario da publicación en cómic de Dragon Ball Z". Sobre esta última, Portela explicou que foi un fenómeno que trascendeu o ámbito da historieta e tocou prácticamente a toda unha xeración"

Sobre a situación do cómic galego, Portela explicou que "por sorte medrou moito nos últimos anos e algúns dos autores emerxentes xa son profesionais de gran nivel como é o caso de José Domingo". Segundo dixo "o cómic galego goza dunha saúde excelente. É un dos poucos sectores nos que polo de agora non hai moita crise". Apuntou que a globalización "permite que os autores poidan traballar para o extranxeiro dende a súa casa". Salientou tamén a creación en Pontevedra dunha escola profesional de cómic da man de Kiko da Silva.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS