El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Teófilo rende homenaxe ao galeguista Domingo Fontán

O intelectual fixo posible que Galicia contase por vez primeira, cun retrato axustado, cunha carta xeométrica

Recordo de Teófilo Comunicación a Domingo Fontán en forma de libro.  - FOTO: teofilocomunicacion.com
Recordo de Teófilo Comunicación a Domingo Fontán en forma de libro. - FOTO: teofilocomunicacion.com

MARÍA ABASCAL SANTIAGO  | 30.06.2017 
A- A+

Desde Teófilo Comunicación cando se cumplen 200 anos desde que se inicia a Carta Geométrica de Galicia, queremos rendir unha homenaxe a un dos galegos máis ilustres que deu esta terra, Domingo Fontán, quen fixo posible que Galicia contase, por vez primeira, cun retrato axustado, unha carta xeométrica que permitiu que todos os galegos e o mundo enteiro puidese coñecer a fisonomía da nosa terra, e que estableceu a base para o trazado das comunicacións.
O libro que Teófilo Edicións presenta está feito con todo o agarimo que merece o seu protagonista, unha edición na que foron seleccionados os mellores papeis, os mellores fíos e tintas para garantir 1000 primaveiras da súa existencia, para que as vindeiras xeracións sigan a coñecer a un do grandes galegos.
O formato e o deseño deste libro realizáronse dende o respecto, o agradecemento e a admiración a unha figura irrepetible do galeguismo, e defensor da galeguidade aló onde se atopase.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt