El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A terraza de Sada, máis preto de ser ben de interese cultural

A Xunta incoa o expediente para a súa declaración como BIC, co que aplícase de forma provisional a protección establecida

Fachada principal da Terraza de Sada, sobre a que acaba de iniciarse o proceso para declarala ben de interese cultura
Fachada principal da Terraza de Sada, sobre a que acaba de iniciarse o proceso para declarala ben de interese cultura

MARIO ÁLVAREZ. SANTIAGO   | 17.04.2018 
A- A+

A Consellería de Cultura publicou onte no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural (BIC), coa categoría de monumento, a Terraza de Sada. A partir deste momento, aplícase de forma inmediata e provisional o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia para os bens de interese cultural e os monumentos en particular, o máximo existente.

Ademais, ábrese un período de información pública durante o prazo dun mes, contando a partir de hoxe, co fin de que as persoas que teñan interese poidan examinar o expediente e alegar o que consideren conveniente.

A Terraza é un testemuño único e singular dos pavillóns ou quioscos modernistas típicos dos 20. Comezouse a construír en 1912 no recheo do Paseo de Méndez Núñez, na Coruña, sobre un deseño probablemente do arquitecto Antonio López Hernández. Foi trasladado á praia urbana de Sada entre 1919 e 1920.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt