El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

TodoCosmos volve achegar as estrelas a máis de 20 concellos

O programa astronómico da USC comenzou en Pontevedra, Santiago e Lalín en xuño

Docobo, sentado no centro, durante a presentación do TodoCosmos 2018 - FOTO: USC
Docobo, sentado no centro, durante a presentación do TodoCosmos 2018 - FOTO: USC

JUAN DAVID. SANTIAGO   | 13.07.2018 
A- A+

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) desenvolve por quinto ano consecutivo o programa de divulgación astronómica TodoCosmos, que tenta levar esta ciencia a todos os lugares e sectores da poboación galega.

A iniciativa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, que recentemente a recoñeceu como práctica Innovadora en Cultura Científica.

Aínda que se desenvolve ao longo de todo ano, no verán concentra boa parte das súas propostas. Dende sesións de observación nocturna a visitas didácticas ao Observatorio, pasando por obradoiros ou charlas, que nesta edición se van diversificar en máis dunha vintena de concellos galegos con actuacións en paseos marítimos e fluviais, cimas emblemáticas, prazas e rúas, praias ou parroquias.

O equipo de TodoCosmos confórmano José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller; Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo.

O programa deste TodoCosmos xa comezou no pasado mes de xuño con actividades que se desenrolaron en Pontevedra, Santiago e Lalín, como explicou onte pola mañá en rolda de prensa o director José Ángel Docobo.

Sen estar pechada a axenda definitiva, e a maiores dun cursiño en Sanxenxo a finais de agosto, están previstas sesións de observación nocturna en concellos como Ames, Noia, Barbadás Lousame, Porto do Son, Rianxo, Sanxenxo e no Pico Sacro de Boqueixón en xulio, asemade das celebradas en Bertamiráns e Lalín.

E en agosto, faránse en Padrón, Ribadeo, Allariz, Rianxo, Santiago, O Grove, ribadeo, Porto do Son, Padrón, Noia o Sanxenxo.