El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Traducidos ao galego tres novos volumes de Clásicos do Pensamento Universal

As obras editadas son de Montaigne, Dewey, Hamilton, Jay e Madison // No marco do convenio USC e Fundación BBVA

Sentados, Juan Luís Blanco Valdés, Silvia Churruca, Juan Viaño e Darío Villanueva e, en segundo termo, tradutores e prologuistas das obras publicadas - FOTO: USC
Sentados, Juan Luís Blanco Valdés, Silvia Churruca, Juan Viaño e Darío Villanueva e, en segundo termo, tradutores e prologuistas das obras publicadas - FOTO: USC

KARMELE VÁZQUEZ SANTIAGO   | 07.03.2017 
A- A+

O reitor da USC, Juan Viaño, presentou onte en San Xerome os tres últimos volumes cos que a colección Clásicos do Pensamento Universal chega as 28 traducións ao galego de obras fundamentais do pensamento universal. Trátase de Os ensaios, de Michel de Montaigne, prologado e traducido por Gonzalo Navaza; Democracia e educación, de John Dewey, prologado por Antón Costa Rico e traducido por Manuel F. Vieites; e O federalista, de A. Hamilton, J. Madison e J. Jay, con prólogo de Roberto Blanco Valdés e tradución de Ramón Máiz e Alfonso Mato.

No acto interviron o director da RAE o da propia colección, Darío Villanueva, e tamén a directora de Comunicación e Relacións Institucionais da Fundación BBVA, Silvia Churruca.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt