El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Os Trens Turísticos acadan o 87 % de ocupación no verán

A campaña aínda non terminou// Durante os meses de setembro e outubro amplíanse os percorridos ás cidades da Coruña, Lugo e Ourense

Desde o pasado mes de xuño, preto de dúas mil persoas gozaron desta experiencia turística.
 - FOTO: TdG
Desde o pasado mes de xuño, preto de dúas mil persoas gozaron desta experiencia turística. - FOTO: TdG

MARÍA ABASCAL  | 13.09.2017 
A- A+

Os trens turísticos de Galicia, postos en marcha por Renfe en colaboración coa Xunta e o Inorde, transportaron este verán a case 2.000 viaxeiros, cunha ocupación media do 87 % sobre o total de prazas ofertadas.
Así o destacaron onte en rolda de prensa o director de trens turísticos de Renfe, Javier Díaz; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o ­vicepresidente da Deputación de Ourense e presidente do Inorde, Rosendo Fernández.
En concreto, as maiores ocupacións déronse nas rutas dos faros e na da ­Ribeira Sacra, ao alcanzar o 100 % en ambos os casos. A de pazos e xardíns históricos chegou a un 92 % de ocupación, seguida das da lamprea (82 %), O Ribeiro (81 %) e Valdeorras (80 %).
Por baixo destas cifras situáronse os trens que percorren as Rías Baixas, cun 69% de prazas ocupadas, e a comarca ourensá de Monterrei, co 68%.
Con todo, a campaña ­aínda non terminou e durante os meses de setembro e ­outubro os trens ­ampliarán os seus percorridos ás ­cidades da Coruña, Lugo e Ourense, con dúas saídas a cada un destes destinos.
Así, os viaxeiros poderán descubrir a cidade de Lugo mediante a ruta Lugo Romano, con dúas saídas desde A Coruña: unha o 30 de setembro e outra o 28 de outubro. Con este traxecto, visitarán o centro histórico, o centro de interpretación da Muralla e a Casa dos Mosaicos. Terán tempo libre para a comida e finalizarán no balneario de Lugo.
Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt