Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 16.04.2014  | Actualizado 13.33 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Unha antoloxía para vivir a poesía como unha rebelión

O volume 'Poetízate', de Fran Alonso, sae do prelo revisado e actualizado, para seguir achegando aos mozos á poesía

ISABEL MOCIÑO GONZÁLEZ UVIGO   | 08.11.2011 
A- A+

Entre os múltiples problemas cos que se atopan os mediadores figura a resistencia do lectorado novo á lectura de poesía, especialmente a partir da adolescencia.

Coñecedor desta realidade, o escritor Fran Alonso publicou no ano 2006 Poetízate unha antoloxía que rompeu moldes, na que se dirixe directamente á mocidade, animándoa a desbotar prexuízos sobre este xénero literario e asimilando a súa lectura a un acto de rebeldía, contestación e transgresión.

Cinco anos despois desta primeira edición, Poetízate reedítase nunha edición revisada e ampliada, na que se conserva, e mesmo acentúa, o espírito contestatario da primeira. Contribúen a isto algunhas das novidades que presenta a nova edición, na que cabe salientar a reafirmación da mensaxe rupturista e de apelación á rebeldía da xuventude que se percibe xa dende a cuberta.

 

Más información en El Correo Gallego

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS