El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Varela Buxán, homenaxe o patriarca do teatro galego

Román Rodríguez destaca o papel clave deste home “bo e brillante” no desenvolvemento das artes dramáticas do XX

No centro, o conselleiro de Cultura xunto a outros participantes neste tributo a Manuel Daniel Varela Buxán.  - FOTO:  X.
No centro, o conselleiro de Cultura xunto a outros participantes neste tributo a Manuel Daniel Varela Buxán. - FOTO: X.

ROSA CANO  | 27.03.2017 
A- A+

Son tempos de defensa da cultura e de lembrar o traballo dos mestres de hai décadas. Nese aspecto, o O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou onte en Santiago na homenaxe ao dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán, con motivo do 30 aniversario do seu pasamento. Nese tributo tamén estivo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e que precisamente case coincide coa celebración de hoxe do Día Mundial do Teatro.
“Cando falamos de Varela Buxán, falamos do patriarca do teatro galego”, subliñou o conselleiro, que lembrou a traxectoria tanto en Galicia como en Arxentina, onde foi un autor de enorme éxito e, probablemente o dramaturgo máis popular do seu tempo na diáspora. De feito, a produción de Daniel Varela para a Compañía Gallega Maruja Villanueva é un dos momentos de maior vitalidade da actividade escénica galega na capital bonaerense, e que o consolidou coma o dramaturgo máis popular do seu tempo na diáspora.
Por outra banda, Román Rodríguez destacou o “papel clave” deste home “bo e brillante” no desenvolvemento do teatro galego no século XX. Tamén sobresaíu como dinamizador cultural e lingüístico en Galicia e, sobre todo na comarca de Deza e Tabeirós.
FILLO DE A ESTRADA Nado na Estrada en 1909, Manuel Daniel Varela Buxán foi un dinamizador da vida cultural galego, especialmente das Terras do Deza, que o acolleron á súa volta de Arxentina. Non en balde, impulsou a construción na parroquia de Cercio do primeiro local de escola feito pola Administración, así como a constitución da asociación cultural A Carballeira de Cercio. Ademais, creou en Lalín a compañía de teatro Os Labregos, coas que representou diversas obras, e escribiu artigos e colaboracións en diversos diarios e revistas galegas.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt