El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A xornada ‘Transformación dixital e talento’ conectará a empresas e estudantes

Está organizado polo CPEIG e Amtega// A inscrición, previa e gratuíta, pode facerse en eventos@cpeig.gal

Desde a esquerda, os relatores Constantino Fernández, Enrique Dans, Juan Carrillo e David Tomás - FOTO: GCE
Desde a esquerda, os relatores Constantino Fernández, Enrique Dans, Juan Carrillo e David Tomás - FOTO: GCE

MARÍA ABASCAL. SANTIAGO  | 08.10.2017 
A- A+

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ultiman os preparativos da Xornada Transformación Dixital e Talento, un ambicioso evento que porá en contacto a empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital o vindeiro día 16 de outubro.

Os relatores que participarán no encontro, seleccionados polo seu perfil inspirador, son exemplo de éxito profesional: Constantino Fernández, presidente executivo de Altia, que falará dos Retos da xestión do talento en servizo de transformación dixital; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School, quen exporá a ponencia Carreira profesional: coa innovación como clave; Juan Carrillo, director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, cofundador e CEO de ­Cyberclick, que dará as ­claves da Empresa máis feliz do mundo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt