El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

A Literatura Infantil portuguesa faise historia

ROCÍO GARCÍA USC-CRPIH   | 15.04.2018 
A- A+

A profesora e investigadora Sara Reis da Silva, doutora en Literatura Infantil, dá conta da escaseza de concrecións teóricas existente nos estudos historiográficos da Literatura Infantoxuvenil portuguesa e ofrece uns breves apuntes que intentan, en parte, paliar dita lagoa. Estes Capítulos da História da Literatura Portuguesa para a Infância, publicados por Tropelias e Companhia, destácanse como un instrumento imperdíbel para mediadores de lectura, estudosos, críticos e público en xeral.

Grazas á lectura e reflexión posterior de propostas como esta, será posible formar unha nova xeración de mediadores sensíbeis ás posibilidades da Literatura Infantoxuvenil, dotados das ferramentas teóricas e histórico-críticas precisas para poder contaxiar a lectura, para crear lectores literarios dentro e fóra das súas aulas, que se deleitan e aprenden a través das realidades accesíbeis a través dos libros.

rocy_gp@gmail.com