El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Primeiros livros. Primeiras lecturas

RAQUEL SENRA  | 29.04.2018 
A- A+

Esta monografía estrutúrase nunha presentación, “Estudos e Notas” e “Recensións críticas”, apartado que acolle oito recensións das máis recentes publicacións de e sobre Literatura Infantil e Xuvenil editadas en Galicia e Portugal.

É de salientar os nove interesantes estudos sobre a importancia do libro e da lectura na formación lingüística e a literatura da infancia prelectora ou que se inicia na lectura. Neles analízanse temas como a relación do lector co texto poético na primeira infancia, a importancia dos soportes materiais como xeradores de sentido, os libros formativos para prelectores, as tendencias da literatura contemporánea brasileira, as características do “livro-fantoche”, o papel da familia no hábito lector, o proxecto “Sacos Temáticos” da Biblioteca Municipal de Ílhavo, os álbums de contos populares como primeiras lecturas e as adaptacións dos clásicos en formato pop-up para a infancia.

raquel.senfer@gmail.com