El Correo Gallego

Tendencias » El Correo 2

Un interesante novo número da revista ANILIJ

CARMEN FERREIRA ICE-USC  | 15.04.2018 
A- A+

A finais de 2017 a Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ), que ten a súa sede na Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, sacaba do prelo o número 15 do seu Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil. Nel ofrécense once traballos de distintos investigadores que, cun carácter interdisciplinar, contribúen á difusión do coñecemento e á reflexión sobre a Literatura Infantil e Xuvenil.

Abórdanse, entre outras, cuestións sobre a formación lectora de textos literarios, a subversión de arquetipos femininos de bruxas, princesas e fadas do conto marabilloso, a literatura infantil de Mario Vargas Llosa, a selección literaria para unha biblioteca infantil móbil, a intertextualidade humorística no cine de animación, a problemática tradutolóxica, a análise dos libros de ilusións ópticas e a presenza das mulleres viaxeiras na literatura infantil.

verinesa@yahoo.es