Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A capela da Peregrina será o arquivo histórico de Ames

Operarios municipais realizaron labores de acondicionamento nestas últimas xornadas // Ata o momento, servía de almacén

    A capela ubicada no entorno do pazo da Peregrina, no núcleo amiense de Bertamiráns, adquiriu nas últimas xornadas outra cor e funcionalidade, tralos traballos realizados para a súa recuperación será, próximamente, o archivo municipal. O edil de Educación e Cultura, David Santomil, impulsou estas actuacións xa que ata o momento "este espazo usábase de almacén ou trasteiro. Nel gardábase material sobrante de exposicións que acollía o pazo ou equipamento de obras".

    En coordinación coa concellaría de Obras, que dirixe Blas García, operarios da brigada municipal levaron a cabo tareas de limpeza da madeira, retirada do material e acondicionamento do espazo. "Trátase dun recurso con enorme potencialidade, formando parte do pazo da Peregrina, que temos que sacarlle proveito. Realmente só se tratou dun traballo de coordinación entre departamentos porque as labores foron cousa de horas", explicou Santomil.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    23 jul 2015 / 21:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito