Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Padrón

A Fundación Rosalía pecha o 150 aniversario de ‘Cantares’ o día 24

    . A Fundación Rosalía de Castro pecha 150 aniversario da publicación Cantares Gallegos celebrando o Día de Rosalía (24 de febreiro) cun programa especial do Diario Cultural que servirá de marco para a presentación do proxecto de edición De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que asumirá a entidade cultural en colaboración coa Radio Galega. Este proxecto pechará os actos do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O volumen reúne poemas inéditos de 36 líricos que recrean versos da obra de Rosalía da que se conmemorou a efeméride. O libro procura os acentos da obra rosaliana na dicción e na escrita contemporánea. O resultado, según a fundación, é unha das antoloxías poéticas sonoras con textos inéditos máis extensas e plurais da historia da literatura galega.
    O acto terá lugar o vindeiro 24 de febreiro (día do nacemento da cantora do Sar), ás 19.00 horas, na Casa Museo de Padrón.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

    19 feb 2014 / 20:42
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito