Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Hospital de pelegríns convertido nun centro cultural e histórico

O Museo da Terra de Melide ubícase nun edificio onde se trataba aos camiñantes medievais e de épocas posteriores // No 1852 foi cuartel de infantería na época de Isabel II

Convertido hoxe no centro histórico e cultural máis importante da comarca, o Museo Terra de Melide agocha nas súas paredes grandes segredos da historia. Nos seus orixes foi concebido coma o convento de Sancti Spiritus de Melide e fixo as veces de hospital de pelegríns. No seu interior atendíase aos camiñantes que xa dende a Idade Media se desprazaban cára a Compostela guiados pola emerxente tradición na honra da Catedral construída para custodiar os restos do Apóstolo Santiago.

Segundo se especifica na entrada principal do propio edificio, este funcionaba coma hospital no ano 1502. O inmoble era propiedade dos condes de Monterrey e tamén na porta do actual Museo Terra de Melide aínda se poden ver os escudos dos Ulloa e Castro. Estes son os mesmos que aparecen, por certo, nas paredes do pazo de Fonseca (sito na capital galega), deixando patente a vinculación entre a historia do municipio melidán co compostelán.

Na publicación Terra de Melide datada no 1933, especifícase un conflicto xurdido por causa deste centro. "Fray Manuel Dorado, Menistro Prelado do Mosteiro de Sancti Spiritus, i-Administrado do Hespital d’ese nome, no 15 de Septembro do mesmo ano de 1806, presentou un Memorial ao Intendente Xeral do Reino, queixándose do proceder de Don Ramón García, Xuez de Melide, Comisionado pol-a referida Autoridade por poñer en venda os béns en rendas de dito Establecimiento de caridade".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

03 nov 2013 / 18:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito