Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Quince árbores de Lalín, na web monumentaltrees

É unha das maiores referencias no mundo neste ámbito// Fixa na fraga de Catasós un castiñeiro con máis de 294 anos, e outro exemplar de 32 metros de alto e 5,8 de diámetro

    O portal www.monumentaltrees.com, unha das maiores comunidades virtuais do mundo especializada en árbores, con máis de 16.000 exemplares rexistrados, recolle preto dunha decea de árbores e masas arbóreas do municipio de Lalín.

    Como explicaron onte dende o Concello da capital do Deza, "os criterios polos que se rexe este catálogo teñen que ver con parámetros de espectacularidade das dimensións e coa singularidade das árbores". Así, en canto a Lalín, a web cita "tres masas arbóreas: a Fraga de Catasós, dous exemplares case contiguos en Vilatuxe e outros dous na ribeira do río Asneiro en Soutolongo".

    No caso da Fraga de Catasós, resaltan seis exemplares "polo seu tamaño e porte entre os moitos e espectaculares exemplares que compoñen este souto". Trátase de catro castiñeiros e dous alcornoques que referencian na web cos seus correspondentes mapas e fotos. Aínda que no portal destacan un por enriba de todos: "Un castiñeiro de 32,82 metros de alto e cunha circunferencia a 1,30 metros da base de 5,80 metros". Nesta información din que a data de plantación desta árbore sitúase arredor do 1865, polo que debe tener uns 150 anos.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

    24 may 2014 / 20:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito