Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reapertura do Museo da Terra de Melide con novos proxectos

Abrirase unha mostra para agosto sobre as antigas tabernas e fondas do casco histórico // Ofrecerán visitas guiadas para os veciños para dar a coñecer a historia da vila

Tras catro meses pechado, o Museo da Terra de Melide reabríu as súas portas a principios deste mes e con novos proxectos baixo o brazo. Así o comenta unha das traballadoras deste centro cultural, Cristina Vázquez, quen indicou que as dúas principais propostas nas que están a traballar se desenvolverán "durante os meses deste verán".

Este será o caso das "visitas guiadas para a xente de Melide" que pretenden desenvolver aproveitando o bo tempo da época estival. "A intención é amosar aos veciños cousas da vila que estiveron aí e que agora xa non están, coma no caso do castelo ou das murallas que pechaban a vila", explica. Para participar neste percorrido -dunha hora aproximadamente- os interesados deberanse apuntar no propio museo. "As visitas guiadas desenvolveranse principalmente os sábados e o máximo de persoas por grupo será de vinte", indica García.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

21 may 2014 / 22:19
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito